Froján | “Aínda que fagamos rock, sempre hai moitas pinceladas da nosa formación clásica”

Froján | “Aínda que fagamos rock, sempre hai moitas pinceladas da nosa formación clásica”
Os compoñentes da banda agardan que próximamente anunciarán novas sorpresas e actuacións en directo | Cedida

Miguel Froján, músico de Caldas e líder da banda Froján, lanzou en decembro o seu segundo álbum, “Reflejos”, unha aposta de rock máis “cañeira” que reflexa a evolución que experimentou o grupo nestes dous últimos anos. Un traballo de 13 temas que xa se pode escoitar a través das principais plataformas musicais e que nestas primeiras semanas está acumulando unha moi boa aceptación por parte do público máis fiel da banda emerxente caldense.

 

Que pode esperar o oínte cando escoite “Reflejos”?
Collendo de referencia o noso primeiro disco, era un álbum de rock moito máis suave, con cancións máis “comerciais” digamos, con estruturas moito máis cadradas, armonías máis simples... Este disco é unha evolución deste primeiro traballo, máis complexo musicalmente e con estruturas e harmonías máis raras, pero sempre intentando manter esa esencia do primeiro disco, co obxectivo de que todos os temas funcionen igual que se as tocásemos cunha guitarra española e as cantásemos. Así que penso que este disco é moito máis elaborado, con máis arreglos de guitarras tamén, e moito máis cañeiro, é un álbum de rock máis progresivo e alternativo, pero seguindo esa liña das cancións do primeiro disco. Pensamos que temos un produto moi chulo e estamos moi contentos co resultado. Ademais, participou moitísima xente no disco, incluso meu irmán, meu tío e ata miña prima. Quero recordar que o deseño é obra de Paula Andrade, que tamén fixo a ilustración do primeiro disco.

 

Todos os temas do álbum son da vosa autoría...
Tanto letra como música, todo e composto por nós. A maior parte do disco as letras son miñas e hai tres temas creados por outros compoñentes das bandas.

 

Neste caso contades co respaldo do produtor Kolibrí Díaz, guitarrista de Marea e que tamén colabora no tema “Hay que recordar”,  como xurde dita contribución?
A Participación de Kolibrí foi un previlexio. Cando publicamos o primeiro disco, cando nos embarcamos na masterización, que é o último paso da postproducción de audio, intentamos contactar con un estudo dun grupo de referencia para nós, en este caso de Marea. Entón falamos con él e aceptou o encargo. A partir de esa primeira toma de contacta coa masterización do primeiro disco, plantexamos a posibilidade de ir a Pamplona e grabar o noso novo traballo con Kolibrí, ao que accedeu encantadísimo. Estivemos alí uns dez ou once días bastante intensos de traballo, nos que tamén colaborou en un dos temas.

 

Foron máis de dous anos desde o voso primeiro lanzamento, como foi o proceso?
Nós somos unha banda emerxente, polo que ao fin e ao cabo se non tes un apoio detrás de discográficas ou produtoras o arranque sempre é moi complicado. Estes dous anos fixemos a labor de músicos, de “manager” e de absolutamente todo. Unha boa dinámica que tamén temos dende a banda é que nunca paramos de compoñer; entón sempre que facemos ensaios traballamos en ideas novas. De feito, unha canción deste novo disco, “Trapacero”, xa a tocamo fai dous anos, nun dos primeiros concertos de Froján, aínda que cambiou moitísimo o tema co paso do tempo.

 

Falabamos antes da evolución da vosa música, cales son as influencias musicais de Froján?
As influencias que temos tanto no primer disco coma neste son moi do rock nacional, como poden ser Marea, Extremoduro... Pero neste novo álbum si que hai influencias un pouquiño de fóra tamén, como Foo Fighters. Así mesmo, a metade do grupo somos estudantes de música no conservatorio e aínda que fagamos rock, gústanos plasmar este gusto que temos pola música clásica no disco. Pódese ver en “Rosas rojas”, que hai arreglos para quintento de cordas, así como no interludio entre dúas cancións ou un tema de piano e voz. Sempre hai moitas pinceladas da nosa formación clásica, xa que é algo que sempre nos gustou moito e é a nosa base.

 

Como está sendo a resposta do público nestas primeiras semanas?
A verdade é que a resposta está sendo moi boa. Xa dende fai dous meses comezamos a publicar singles e, por exemplo, o primeiro tema lanzado, “Calaveras”, en colaboración con Julen cantante de The Eskarallas, un grupo de Vilanova, e o recibimento foi moi guai. Tamén publicamos antes “Basta ya” e “Mil caras”, cun videoclip cunha producción moito máis grande, que tanto en Youtube como Spotify funcionou moi ben, igual que o conxunto do disco desde o seu lanzamento.

 

Desde as vosas redes sociais alentáchedes ao público a aprenderse as vosas cancións para gritalas nos concertos, xa se pode adiantar algunha data?
Aínda non podemos adiantar moito porque estamos pendentes dun concerto para presentar o disco. Si que temos moitas cousas faladas que anunciaremos en breve, pero temos aí un par de flecos que atar antes de poder publicalo. O que si que podemos dicir é que antes do verán estaremos seguramente en varias salas de Vigo, A Coruña e Santiago e en verán en algún festival.

 

Que metas vos marcades de cara ao futuro?
Seguir traballando na mesma dinámica que temos. O disco saleu a semana pasada e xa temos catro ou cinco cancións novas, traballando xa de cara a que nun ano ou ano e medio xa poder grabar un terceiro disco e seguir facendo música. A nosa filosofía é sempre a mesma. 

Froján | “Aínda que fagamos rock, sempre hai moitas pinceladas da nosa formación clásica”

Te puede interesar