Prado marcará xunto a voceiros e veciños do Salnés as liñas da lexislatura

Prado marcará xunto a voceiros e veciños do Salnés as liñas da lexislatura
O BNG mantivo un encontro cos medios en Carril I MÓNICA FERREIRÓS

O BNG inicia a lexislatura coa mirada posta na comarca do Salnés. "Non lle imos fallar aos 20.000 veciños que nos votaron", explica a deputada Montse Prado, que augura moito traballo por facer para unha zona que considera "abandonada" polo Partido Popular.

 

As críticas da nacionalista van en todos os ámbitos, desde a situación da Ría ata a sanidade ou a falta de políticas para a terceira idade. A primeira iniciativa será mañán mesmo, no Pleno do Parlamento, contra o proxecto de Altri en Palas de Rei.

 

"Non é a reindustrialización que nós queremos", sinala Prado, que incide en que a macrocelulosa terá consecuencias para a captación do Ulla, para o sector produtivo en Arousa e que aumentará a "contaminación atmosférica, a choiva ácida e a eucaliptización", tras os devastadores incendios en Portugal, onde xa funciona unha planta, que levaron a empresa, di a nacionalista, a buscar outros espazos.

 

"Imos traballar para mellorar a vida dos veciños da comarca", dixo Prado, que anunciou unha oposición moi exhaustiva a Alfonso Rueda e, "por cada crítica, unha alternativa". Como líderes da oposición, os nacionalistas buscan un contrapunto ás "lesivas políticas antigalegas e antisociais" do Partido Popular.

 

A rexeneración da Ría de Arousa, ante a perda masiva de postos de traballo na pesca e o marisqueo, a búsqueda de solucións ao problema do alquiler, un plan de transporte que vertebre a comarca ou o saneamento integral son algunhas das medidas que plantexan. 

 

Además, Prado incidiu na situación sanitaria, con falta de pediatras e médicos que tiveron no verán do 2022 como "quilómetro cero" á comarca do Salnés. As 63 vacantes MIR deste ano, dixo a nacionalista, "botan abaixo o discurso do PP de que o que fan falla son prazas de formación" e ratifica "que hai que mellorar as condicións laborais".

 

O BNG tamén estará moi atento ao que pase coa ambulancia medicalizada e denuncia as  listas de espera hospitalarias. Prado incide tamén na falta de residencias públicas e anuncia que loitará para que a de Monte Sacro, en Cambados, sexa a primeira da comarca do Salnés.

Prado marcará xunto a voceiros e veciños do Salnés as liñas da lexislatura

Te puede interesar