Reportaje | Vilaxoán, o espírito do Entroido que resiste fronte a todos os elementos

Reportaje | Vilaxoán, o espírito do Entroido que resiste fronte a todos os elementos
As comparsas mostraron todo o seu inxenio durante o festival que tivo lugar no centro do Preguntoiro. Todo o mundo acudiu caracterizado e, sobre todo, con moitas ganas de Entroido e de pasalo ben | gonzalo salgado

Andan en toda a comarca cancelando os actos do Entroido por culpa da choiva... Pero hai un paraíso para as máscaras e se atopa en Vilaxoán. E, con permiso do Grove, unha das vilas máis carnavalescas de Arousa e así o demostra cada vez que ten ocasión.


Onte foi unha delas. Con choiva, con sarabia e ata con tormenta, os vilaxoaneses non deixaron a troula. Estaban convocados para participar no Festival de Comparsas e cumpriron co acordado. A cita comezou con en todas as ocasións: No bar.


É bastante típico que os vilaxoaneses se xunte nos establecementos hostaleiros da zona para cantar e pasalo ben e no Entroido non ía ser menos. Por elo, as primeiras comparsas escoitáronse entre cafés e copas, antes de pasar revista no Preguntoiro.


Foi no Centro Sociocultural onde a Asociación de Veciños, que hai un tempo que se decidiu a recuperar a dar pulo ao Entroido, celebrou esta importante cita. As comparsas resisten en Vilaxoán mentras se perden noutras zonas, aínda que os propios membros advirten que hai que andar vixiantes para manter esta tradicición tan importante.


Enterro da Sardiña


Pero a de onte era unha noite para pasalo ben. No Festival de Comparsas de Vilaxoán colabora a Concellería de Cultura. Marajota e Medio a agrupación máis representativa da zona e tampouco defraudou nesta ocasión. O turno do luto chegará esta tardiña. Os vilaxoaneses vestiranse de negro e cambiarán as risas polos choros, iso si, con moita retranca. E é que é o turno do Enterro da Sardiña, que comezará ás sete e media. A intención é que poida saír da lonxa, pero todo dependerá de como se manteña o ceo para entón, nunha xornada na que as previsións seguen a ser inestables. Non hai perigo de cancelación. En caso de mal tempo, todo se pasará para o centro social. Se chove que chova. Que O Preguntoiro aguanta con todo. 

Reportaje | Vilaxoán, o espírito do Entroido que resiste fronte a todos os elementos

Te puede interesar